Actualidad

Gamallo pide ao Goberno central que aproveite a presidencia española da UE para promocionar o Camiño de Santiago e o Xacobeo 2010

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea considera “unha mágoa” que Compostela non acolla algunha reunión de alto nivel durante o semestre desta Presidencia europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, solicitou ao Goberno central que aproveite a súa Presidencia europea para promocionar o Xacobeo 2010 en toda Europa. “É unha mágoa que a cidade de Santiago de Compostela non acolla algunha reunión de alto nivel durante o semestre de Presidencia española da UE”, tendo en conta a confluencia desta co Ano Santo Xacobeo e a necesidade que se de a coñecer a riqueza cultural e o atractivo turístico do Camiño; “primeiro itinerario cultural de Europa que contribuíu á creación do sentimento de unidade europea”.


Gamallo participou esta mañá na inauguración da Xornada formativa sobre Documentación Europea no Camiño Xacobeo, na que avogou que Compostela podería acoller un acto de trascendencia que podería estar ligado á dimensión cultural europea ou unha reflexión de alto nivel sobre o futuro da UE. Así mesmo, e en relación coa Presidencia española, lembrou as prioridades que ten Galicia durante este semestre -a reforma da Política Común de Pesca, acadar unha “aterraxe suave” para as rexións que abandonan os obxectivos de converxencia, o levantamento das restricións á construción de buques civís nos estaleiros de Fene, etc.-e pediu que os conselleiros galegos competentes en cada materia poidan estar presentes nos Consellos de Ministros da UE que teñan lugar en Galicia.

Doutra banda, o director destacou a coincidencia temporal da Xornada coa a entrada en vigor do Tratado de Lisboa -ademais de co Ano Santo Xacobeo e a Presidencia española da Unión Europea-, e quixo destacar as novidades deste ao proceso de construción europea. Segundo comentou, o Tratado de Lisboa constituíu “un enorme e firme paso adiante na consolidación do proxecto europeo”, ao consolidar o carril político-institucional polo que transitará a Unión Europea durante a próxima década. Este Tratado, dixo, “clausurou un longo período marcado polos desencontros e os tropezos políticos -foi asinado o 13 de decembro de 2007 na capital lusa- culminando un complexo pero necesario proceso de reforma dos Tratados constitutivos iniciado a comezos desta década”.

Así mesmo, tamén se referiu á importancia que o Tratado de Lisboa ten para Galicia, xa que recoñece a dimensión rexional de certas políticas europeas e a conseguinte presenza das autoridades rexionais; é o caso dos transportes, a cultura, as redes transeuropeas, a cohesión económica, social e territorial etc.

A Xornada formativa sobre Documentación Europea no Camiño Xacobeo, estivo organizada pola Rede de Centros de Documentación Europea en España, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Comisión Europea.

Fuente: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

habitamos

Ruta de senderismo: Roteiro Mariñan Sada, Costa Dulce

Intercambio de enlaces